jueves, 31 de julio de 2008

Acampada na Unitaria






Este verán fixemos outra veza acampada da Unitaria, pero esta non foi como todos os anos,foi especial.
O primeiro dia quedamos as cinco para montar as tendas,

Despois eleximos con quen iamos a ir e fixemos os carteis para identificar as tendas,con nomes como: os silvestres,os animais, as cinco rebeldes etc.
Cando acabamos de facer isto Sabela distribuíu aos peuenos entre os maiores nomeándonos pais e nais deles.A min e ao meu amigo Adrián tocáronnos catro fillos: Marta, David, Yoel e Iván e con eles dispuxémonos a marchar cara o campo de futbol onde estivemos xogando.
Despois de xogar e xogar chamaronnos a cenar e como todos tiñamos moita fame fomos correndo.


Despois tocou a hora de ir polas pistas,


Fomos atopando pistas pouco a pouco ata que chegamos a escola onde repartimos o tesouro,despois os nenos pequenos foronse pra cama. Nos o dia seguinte teriamos que levantarnos as 9 da maña para ir a San Fins e non lle fixemos caso a uns bos consellos da mestra que nos dixo que foramos para cama, ata as seis non dormimos e as caras pola maña notabanse cansadas.Os pequenos tiñan que recoller porque a seua acampada xa terminaba pero nos ainda tiñamos moito que facer.


Almorzamos e puxemonos a andar cara a cima do monte de San Fins.

A subida foi algo desigual. Uns iamos 300 metros diante dos outros e como a mestra non se atreveu a subir non temos fotos. Cando chegamos os que iamos adiante estabamos ben e os que ian atras estaban agotados, asi que descansamos e cando chegou a mestra cos bocadillos puxémonos a comer.

Estivemos xogando e xogando pero como marchabamos as 7 eran as cinco e a nosa imaxinacion para facer xogos estaba esgotada entón puxemonos a facer unha cabaña, primeiro so eramos catro nenos cunha idea un tanto aloucada e fumos facendo e facendo , ainda que as nenas se meteran con nosco decindo que eramos un pouco tontos, despois cando xa estaba un tanto construida intentamos que os que se estaban aburrindo nos axudaran
ainda asi uns cantos non quixeron pero pouco a pouco foron unindose mentres nos nos subiamos aos arbores elas ian collendo fentos e paos para poñelos como teito,
mosdespois todos xuntos fumos poñendo o teito.

ao final quedounos unha valiosa obra de arte.


Despois tocou baixar, e cando chegamos duchamonos



Ese dia cenamos uns espaguetis que fixeron os rapaces que lles saíu no sorteo,despois estivemos ata as cinco da maña xogando e falando, o dia seguinte despertamonos sobre as 10 almorzamos e puxemonos a recoller todo e desmontar as tendas

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Que ben Darío que xa te volveron as ganas de bloguear, e sobre todo contándonos dun xeito tan ameno a acampada.
¡sigue contándonos cousas túas que nos interesan moito!
Por certo ¿que libro estás a ler?

Anónimo dijo...

Hola Dariooo

O prometido é deuda e aqui estoy añadindo un comentario.

este ano non puiden estar na Acampada de Vide ( o ano pasado si) pero gracias o teu blog e as fotos que publicaches podome facer una idea de como foi. Gracias !!!

O ano que ven espero poder ir !!!

Un Bico

Dous en Vide dijo...

por fin brendiño